Entradas

Actividad 9: Cuestionario 1; parte 2

Imagen
1.- Cal é a situación actual xetérmica en España? O potencial xeotérmico da Península Ibérica quintuplica a capacidade eléctrica actual. Os resultados indican que o subsolo da Península Ibérica ten capacidade para xerar ata 700 GW de electricidade se se explotase este recurso natural con Sistemas Xeotérmicos Estimulados. Un estudo conclúe que Andalucía, Castela e León, Cataluña e Galicia son as comunidades de maior potencial para a produción de electricidade a partir da explotación de Sistemas xeotérmicos Estimulados. 2.- Cales son os 5 maiores terremotos rexistrados historicaente? indica en cada caso: zona afectada; época na que sucedeu;intensidade.      Chile, 22 de maio de 1960 : O maior terremoto na historia da humanidade rexistrouse en localidade de Valdivia, Chile. Tivo unha magnitude de 9.5 graos Richter e foi precedido por un terremoto de 7.7 graos Richter o día anterior. O sismo, que foi percibido en gran parte do Cono Sur, provocou a morte de preto de 10...

2ª Parte dossier

Imagen
  1.- Terras raras: Cales e que son?: As terras raras descubríronse en Ytterby, preto de Estocolmo, Suecia, en 1787. Pero só 90 anos despois, comezaron a usarse con fins comerciais. Primeiro para fabricar capas  incandescentes para a industria da iluminación de gas. Logo terminaron nos chisqueiros e nas lentes de Kodak. Nos anos 50, permitiron que a televisión emitise en cor, que os mísiles intercontinentais despegasen e que funcionasen os reactores nucleares. As terras raras é o nome común que reciben 17 elementos químicos:  escandio, itrio, lantano, cerio, praseodimio, neodimio, prometio, samario, europio, gadolinio, terbio, disprosio, holmio, erbio, tulio, iterbio e lutecio. Aínda que o nome de “terras raras” podería levar á conclusión de que se trata de elementos escasos na corteza terrestre, algúns dos elementos son dos máis abundantes. Cualifícanse de “raras” debido a que é moi pouco común atopalos de forma pura, aínda que hai depósitos dalgúns deles en todo o mundo...

Actividad 9: Cuestionario 1; parte 1

Imagen
  .     1.- Que é unha dorsal, unha zona de subdución e unha falla transformante? Unha dorsal oceánica é unha elevación da cortiza terrestre que xera unha situación de menor profundidade no océano onde aparecen. Son unha especie de cordilleira que percorren grandes distancias pero están mergulladas no profundo do mar. Zona de subdución: proceso de afundimento dunha placa litosférica baixo o bordo doutra placa, formándose os chamados límites converxentes entre placas. A placa subducida, a que se afunde, adoita estar formada por cortiza oceánica, máis delgada e densa que a continental. Falla transformante: é unha falla de desprazamento lateral dunha placa tectónica respecto á outra. A súa presenza detéctase grazas ás discontinuidades xeolóxicas do terreo. Provocan terremotos. 2.- Como será a Terra nun futuro? Indica que pasará nos seguintes lugares: Leste de África, no Mediterráneo e en California. LESTE DE ÁFRICA:   A greta en Kenia apareceu no Gran Valle do Rift. U...