2ª Parte dossier


 1.- Terras raras:


  • Cales e que son?:


As terras raras descubríronse en Ytterby, preto de Estocolmo, Suecia, en 1787. Pero só 90 anos despois, comezaron a usarse con fins comerciais. Primeiro para fabricar capas  incandescentes para a industria da iluminación de gas. Logo terminaron nos chisqueiros e nas lentes de Kodak. Nos anos 50, permitiron que a televisión emitise en cor, que os mísiles intercontinentais despegasen e que funcionasen os reactores nucleares.

As terras raras é o nome común que reciben 17 elementos químicos:  escandio, itrio, lantano, cerio, praseodimio, neodimio, prometio, samario, europio, gadolinio, terbio, disprosio, holmio, erbio, tulio, iterbio e lutecio.


Aínda que o nome de “terras raras” podería levar á conclusión de que se trata de elementos escasos na corteza terrestre, algúns dos elementos son dos máis abundantes. Cualifícanse de “raras” debido a que é moi pouco común atopalos de forma pura, aínda que hai depósitos dalgúns deles en todo o mundo. O termo “terra” fai referencia a que se pode disolver en ácido.


Utilizase en aliaxes para xerar as chispas nos encendedores mecánicos e nos catalizadores do proceso de Haber-Bosch.

Actualmente investíganse aplicacións en síntese orgánica de compostos organometálicos destes elementos.

En resonancia magnética nuclear utilízanse compostos, como aditivos para separar sinais de compostos que doutro xeito se detectarían xuntos.


  • Cal é a sua importancia?:


A importancia dás terras raras  basease na electrónica xa que sen eles os dispositivos electrónicos non  tendrian touch screen, cor nas pantallas, micrófonos para falar ou enviar notas de voz e non vibrarían. Polo seu luminiscencia e por ser superconductores de enerxía, estes elementos son o verdadeiro corazón da economía dixital.


Hoxe en día, o uso das terras raras esténdese case ilimitadamente en industrias de importancia primaria. Aeroespacial e defensa, nuclear, superconductores de alta temperatura, cables de fibra óptica, computadores e teléfonos móbiles, aceiro e  pigmentos para cerámica. E están presentes en prácticamente todos os compoñentes do automóbil moderno.





  • Que pasa no Monte Galiñeiro?:


O Monte Galiñeiro, é un lugar de alta concentración de terras raras. Isto vese desde os anos 1960. Esta concentración foi apreciada nos sedimentos do río Miño e da ría de Vigo, os máis abundantes en terras raras da costa galega.

En Galicia hai un gran número de minerais que poderían conter terras raras en todo o Oeste galego.

A erosión do terreo prodúcese de forma natural e os ríos transportan o material ao fondo das rías. A extracción deses elementos pode poñer a Galicia na vangarda da revolución tecnolóxica e achegar un enorme valor social. 


Se hai posibilidade de atopar terras raras no Galiñeiro, debería permitirse a súa exploración para ver se é viable a súa extracción. Ambas as actividades están moi reguladas nas normativas europeas e nacionais, polo que as garantías ambientais son sempre moi grandes.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 7: Cuestionario 2, parte 1

Actividad 8: Cuestionario 1; parte 2

Actividade 7: Cuestionario 2, parte 2