Actividade 2: O método científico

1.-Define: empirismo, filosofía, hipótese, teoría.

-Empirismo: o empirismo é unha teoría filosófica na cal destaca o papel da experiencia e da evidencia observando os feitos. Céntrase, especialmente, na percepción sensorial, na formación de ideas e na adquisición de coñecemento sobe as ideas innatas ou tradición.

-Filosofía:
a filosofía é o estudo dunha variedade de problemas fundamentais acerca de cuestións como a existencia, o coñecemento, a verdade, a moral, a mente, o lenguaxe, as cousas naturales e especialmente sobre o home e o universo

-Hipótese: a hipótese é un dos compoñentes fundamentais do método científico. É unha idea que se suxire como unha explicación para algo: un evento natural,unha experiencia particular ou unha condición específica que se pode probar a través dunha experimentación definible. É importante dicir que unha hipótese ten que ser verificable, é dicir, tes que poder probala mediante a experimentación.

-Teoría: conxunto organizado de ideas que explican un fenómeno, deducidas a partir da observación, a experiencia e o razoamento lóxico.


2.Cal foi a contribución de Galileo e de Descartes ao método?  
                            d
-Galileo, é un dos cientificos máis importantes da idade moderna, polas súas grandes achegas á ciencia, especialmente no metodo de traballo, que usaba para chegar ás súas conclusións e formular as súas hipotesis, este metodo é o chamado “método científico resolutivo- compositivo”

-O método cartesiano, creado por Descartes,​ consiste no escepticismo metodolóxico - dubídase de cada idea que pode ser dubidada. Descartes establece a dúbida: só pódese dicir que existe aquilo que poida ser probado ("Só temos acceso á nosa mente.").

 

Galileo Galilei. Biografía
Galileo


FILOSOFIA: Filosofía de René Descartes
Descartes

 

 4. Fai un esquema indicando as etapas do método científico.

  1. Observación
  2. Pregunta
  3. Hipótese
  4. Experimentación
  5. Resultados
  6. Conclusión


5. Escolle un exemplo para explicar as etapas do método:

Observación: cando é máis barato, vai mais xente ao cine.

Pregunta: por que pasa isto?

Hipótese: hai unha relación de prezo persoa, é dicir, canto máis baratas son as entradas máis xente anímase a ir.

Experimentación: faise unha análise dos datos.

Resultados: analízanse eses resultados e comprobase se a hipótese é correcta.

Conclusión: se a hipótese se cumpre a observación é correcta,se non hai que volver ao paso 1.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 7: Cuestionario 2, parte 1

Actividad 8: Cuestionario 1; parte 2

Actividade 7: Cuestionario 2, parte 2