Actividade 8: Cuestionario 1; partre 1
Prodúcense cambios de estado en:
1º) Evaporación: a auga evaporase na superficie oceánica, terrestre e tamén polos organismos (plantas e animais). A enerxía é o Sol.
2º) Condensación: a auga en forma de vapor de auga, condensase e forma as nubes, formadas por gotas de auga minúsculas. A forza é o Sol
3º) Precipitación: dáse cando as gotas de auga arrefríanse. Pode darse en forma líquida (auga) ou sólida (neve). A forza é a gravidade.
4º) Fusión: este cambio dáse cando a neve pasa a estar en estado líquido ao producirse o desxeo. A forza é o Sol.
3.- Define: infiltración, escorrentía, evapotranspiración e nivel freático.
Infiltración: ocorre cando a auga que alcanza o solo, penetra a través dos seus poros e pasa a ser subterránea.
Escorrentía: diversos medios pola que a auga deslízase cara abaixo pola superficie do terreo, rematando nos océanos e mares.
Evapotranspiración: é o proceso combinado de evaporación desde superficies
líquidas e de transpiración ou vaporización da auga líquida dos tecidos das plantas.
Nivel fréatico: defínese como a superficie que toma os puntos onde a presión da auga e a presión atmosférica son iguais.
4.- Que é un acuífero? Que tipo de acuífero hai baixo o Sahara?
É un terreo rochoso permeable baixo a superficie terrestre onde se acumula e por onde circula a auga subterránea. Unha zona situada encima da capa impermeable, onde a auga enche os poros das rocas.
O acuífero Continental Intercalar é unha extensa reserva subterránea de auga fósil que se estende entre Tunes, Alxeria e Libia. A auga está retida nun substrato de areniscas cuxa capa máis profunda pertence ao Albiense, con máis de 100 millóns de anos, por iso é polo que se lle coñeza tamén como Acuífero Albiense.
5.- Que é un humidal? Porque son tan importantes?
Un humidal é unha zona de terra plana, cuxa superficie se asolaga de maneira permanente ou intermitente. Ao cubrirse regularmente de auga, o chan satúrase, quedando desprovisto de osíxeno e dando lugar a un ecosistema híbrido entre os puramente acuáticos e os terrestres.
Os humidais son indispensables polos innumerables beneficios ou "servizos ecosistémicos" que brindan á humanidade, desde subministración de auga doce, alimentos e materiais de construción, e biodiversidade, ata control de crecidas, recarga de augas subterráneas e mitigación do cambio climático.
6.- Que quere dicir que a auga é un regulador térmico?
A hidrosfera actúa como un regulador térmico porque ten unha calor específica moi elevada, absorbe moita enerxía para quentarse e libera moita enerxía ao arrefriase, o que suaviza o clima das rexións próximas ao mar.
Esta regulación é maior nas zonas costeiras, onde:
A) A brisa mariña diúrna refresca a terra (cuxo aire queentase mais polo contacto co solo).
B) A brisa terrestre nocturna envía aire frío cara o mar (cuxo aire está mais frío polo contacto coa auga, aínda quente).
7.- Que é un upwelling?
Os
afloramentos de augas mariñas constitúen un fenómeno oceanográfico que
consiste no ascenso de masas profundas de auga, desde a zona abisal do
océano cara á superficie nas zonas da plataforma continental. Tamén é unha zona de gran biodiversidade.
8.-Define brevemente que é a cinta transportadora oceánica.
É un rio de auga que recorre os océanos de todo o planeta, tanto na superficie como, sobre todo, na profundidade.
Compensa o desequilibrio da salinidade e da temperatura existente no Atlántico e no Pacifico. Tamén regula a concentración de CO2 atmosférico: ao afundirse a auga fría arrastra CO2 que se liberará 1000 anos despois nas zonas de afloramento.
Comentarios
Publicar un comentario